Saturday 18 de May de 2024

Persoas maiores adquiren na Pobra competencias dixitais


O Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal acubilla a impartición dunhas xornadas formativas teórico-prácticas sobre o uso das novas tecnoloxías dirixidas á cidadanía maior de 65 anos. Este é un dos contidos do programa @s nos@s maiores, mellor acompañad@s que desenvolve na localidade a Fundación Amigos de Galicia coa colaboración da Concellaría dos Servizos Sociais.

A edil Amparo Cerecedo (BNG) achegouse neste 28 de outubro para recibi-las 14 persoas participantes neste curso, que terá continuidade no 4 e no 11 de novembro, para aprender sobre procesos telemáticos básicos e acadar axilidade na realización de trámites: na máquina de quenda de concellos e centros de saúde, no caixeiro automático, no teléfono móbil ou na aplicación móbil do Sergas, entre outros.